

Memorias dun neno labrego • Nova versión teatral sobre o libro de Xosé Neira Vilas no X aniversario do seu pasamento no Salón Teatro de Compostela.
Hai 15 anos, con motivo do 50 aniversario da publicación de tan celebrado libro, levábase ao palco, en forma de monólogo, o primeiro espectáculo escénico baseado na popular novela de Xosé Neira Vilas. Por que esta segunda experiencia? Porque o libro máis publicado, traducido e lido da literatura galega ben merece ser visitado numerosas veces e da man das máis diversas artes. Neste caso a teatral, que vén sendo a arte das artes, pois de todas elas se nutre. Porque é tal a riqu
hace 14 horas


«ICTUS» DE CHÉVERE MAÑÁ SÁBADO ÁS 12H30 EN COMPOSTELA.
No Centro Sociocultural das Fontiñas, no marco das actividades paralelas que arrodean a estrea do espectáculo ICTUS , de Chévere , o programa de mediación de Compostela Cultura programa un encontro arredor do cadro A derradeira leición do mestre. A sesión estará conducida por Xesús Ron e abrirá unha conversa sobre o contexto histórico, o valor simbólico e a carga memorial da obra. Coa colaboración da Rede de Centros Cívicos do Concello de Santiago. Acceso libre.
hace 1 día


LUIS BEATLE • SEMPRE PEGANDO DURO.
Foto: Mariano Monje Nesta cidade fanse moitos bolos en diferentes garitos (como vos comentaba no artigo anterior) e hoxe en día temos boa mostra diso nas RRSS. É certo. Pero hai 40 e pico anos, como se facía a promoción dos concertos? Non existían as RRSS. Pois pegando cartéis na rúa e nos bares, facultades, residencias de estudantes, etc.... Moitas bandas facíano e continúan a facelo elas mesmas. A verdade é un choio que continúa a día de hoxe, a pesar das redes. Buff! Canto
hace 2 días




