top of page

AUTOR

César Varela 

 

Santiago de Compostela, 1974.

Locutor de radio e crítico musical.

 

Director, guionista e locutor dos espazos radiofónicos: "A Parte de Atrásh" (1991-1993 Radio Medellín - Santiago), "Diario Pop (Galego)" (1993-1994 Radio Kalimero - Compostela), "País Bocazas" (1994-1995 Radio Kalimero), "Plástico Elástico" (1996-1998 Radio Medellín), "La Radio Solidaria" (1998 Radio Voz - Compostela), "Plástico Elástico" (1998-2002 Radio Kalimero), "Plástico Elástico" (2010 - 2012 en A Kalimera, Radio Pai, Cuac F.M., Radio Filispim, Radio Roncudo, Radio Neria, Radio Piratona e Radio Ordes). *Agás "La Radio Solidaria", programa adicado á búsqueda de emprego, o resto dos programas estaban especializados en música underground feita en Compostela e no resto de Galicia.

 

Colaborou no "Diario Pop" de Radio 3 con Jesús Ordovás, en Radio Obradoiro con Belén Brandido e en "Estudio 3" da Radio Galega con Xavier Valiño.

 

Desde 1993 foi redactor nas revistas e fanzines: Ruta 66, Harlem, Spiral, Subterfuge, Las Flores del Vertedero, Oíches, Residuos, Roca, Bambán e Mondo Sonoro.

 

No 2001 editou o seu propio fanzine "Plástico Elástico", especializado en bandas de Santiago de Compostela.

 

César, foi quen trouxo a Compostela o Fanzine Subterfuge xunto coas primeiras referencias de Subterfuge Records, o Fanzine Harlem e a revista Mondo Sonoro.

 

É vocalista do grupo "Playmother & Fuckerback" xunto a Xulio Boquete (ex-baixista de Túzaros).

 

Baixo o nome de "Dj Próstata", "Plástico Elástico Dj" ou "Dj Nervio Faraón", seguro que máis dunha vez che fixo mover as cadeiras no Topolino, Cuncas Blues, Factoría, A velas vir, A Calexa, Cachán Clube, Embora, Sala Moon, A Reixa, Modus Vivendi, Fraggle Rock, Discoteca Sarela, Resas Restaurante, Malas Pécoras, Festival Brincadeira ou no Mercromina Rock Bar, onde foi Dj Residente durante 3 anos e medio.

En decembro do 2019 rexistrou dous clásicos, "Say Mama" e "Something Else" (como vocalista), arroupado pola base rítmica dos Samesugas, que foron editados en formato vinílico, en marzo do 2020 polo selo Lixo Urbano, baixo o nome de "Willy Succo Brother & Samesugas".

 

Actualmente colabora na Revista Pincha, organiza o "Festival Uña Rock" e de cando en vez, cociña exquisitos pratos de Rock And Roll, nalgún que outro Santuario Galego do SubChan, para Criaturas Emerxentes do SubMundo. O libro "Historia do Rock Compostelán (1974-2025)" está actualmente rematado.

 

De vez en cando tamén pendura algún que outro Podcast de "Plástico Elástico" en iVoox.

 

Se estás interesado no seu traballo e queres contratalo, ponte en contacto con el.

 

© 2015 Rock Compostelán.

  • Youtube
  • Apple Music
  • b-facebook
  • X
  • Instagram Black Round
bottom of page