Este sábado na Fantástica de SCQ concertazo de Ferror Records.
- 13 mar
- 2 Min. de lectura

Estamos ante o proxecto de Niko Jones (anteriormente en Músculo!), un proxecto que podemos definir como drone pop que se achega ao ambient, con elementos da electrónica, da new wave e do noise.
Con respecto as súas influencias, Niko afirma que "intentei sempre limitar as influencias para favorecer un son máis orixinal, rollo Van der Winkle (como dicían Mazzy Star); pero negar a influencia de Matt Elliott, Mark McGuire, Low e Steve Albini sería ter moita chulería pola miña parte. Tamén, lóxicamente, moita influencia de Músculo!, que non creo que chegara a aprender certas cousas de non ser por eles".
Que é Matar Xente?: "O proxecto non empezou como un concepto cerrado, senón que sempre foi a miña forma de darlle saída a alternativas creativas e encaixaban cos proxectos que tiña daquela. De elexir unha etiqueta, diría que punk pola forma, por darlle máis importancia á orixinalidade dos medios que á excelencia do resultado".
Por que ese nome?: "A estas alturas non o sei nin eu. Pode ser porque é un impulso bastante global como resposta a ver as noticias, ou unha broma con pouca gracia, ou un exercicio subtextual sobre a importancia e a censura do ser no mundo mediatizado, ou porque estaba cabreado. Penso que llo puxen polas risas".
Un álbum que sae con dez anos de retraso, xa que estaba prevista a súa estrea no 2015... "procrastinación, fundamentalmente. Nun principio ía sacar un par de temas a modo de single/EP, pero por ter outras prioridades e por circunstancias vitais foi quedando a cousa mangada, e cando me dei conta tiña unha morea de demos para ensinar, pero nada finalizado, así que dediqueime a cribar e finalizar o que ahora temos entre mans. Intentaremos que o seguinte dea menos traballo!".

Çe.lía
DJ, tatuadora e ilustradora de A Coruña. A rave convertida nunha busca de ritmos vibrantes. Neurodivergente que enfoca a música como enfoque e liberación.

Organiza:
