top of page

Robots Creados By Sésar Lópes.

  • 18 feb
  • 2 Min. de lectura

Actualizado: hace 2 días

DG~ET • 4


Ás veces, cando me sinto inspirado e buscando atopar a miña desconexión neuronal do espazo exterior, encontro obxetos pola casa e entón dáseme por crear un robot para reciclar material e convertelos en sinxelos obxetos de decoración en lugar de tiralos ao lixo.


JACK • 3


Todos eles teñen un significado para min. Non están creados sinxelamente por distracción (que tamén), aínda que non volo vou nin podo contar.


CROCA • 2


Empecei por «SABOROSO», logo fun buscar «CROCA», «JACK» é unha das miñas bebidas favoritas (aínda que agora non consumo alcol) e onte deiteime con novas ideas e pensamentos privados. Entón decidín crear «DG~ET».🪫Para escoitar o tema "Back To 1985" composto por #BORDE, fai Click no link anterior de «DG~ET».


SABOROSO • 1


Ningún deles está á venda. Agora mesmo e nun futuro tamén, forman parte da decoración do meu estudio radiofónico que fun creando pouco a pouco coa inestimable, honesta e profesional axuda do meu amigo Jacobo (en realidade montouno el, eu só merquei o material necesario). De momento, nesta nova temporada só gravei un podcast do meu programa «Plástico Elástico» debido ao meu estado anímico, pero nos vindeiros días agardo subir a IVoox o número 71.


Despois dunha temporada desastrosa por fin regreso ás ondas. Non haberá unha edición semanal. Gravarei cando sinta necesidade de facelo e me atope en perfecto estado físico e mental. Pensei en retirarme das ondas eternamente pero ODDI animoume a continuar, sen presas, sen entregas puntuais nen compromiso ningún. Así que, podedes buscalo en IVoox, entrando na miña bio ou facendo Click onde pon «Plástico Elástico» [🪫Parágrafo anterior].


Aí nos vemos. Agardo que o desfrutedes. Mil Gracias a quen xa o fai dende hai anos.


VÍDEO creado polo Meu Amigo #BORDE.


🪫Para ver o vídeo, fai Click en VÍDEO [Parágrafo anterior].


P.D. «MOTHERFUCKER!» É A MIÑA ÚLTIMA CREACIÓN.


MOTHERFUCKER! • 5

[Foto: Alexia Varela]


Xa teño outro robot novo.


HALES KITTY • 6


NOVIDADE:


VITE • 7



 
 

© 2015 Rock Compostelán.

  • Youtube
  • Apple Music
  • b-facebook
  • X
  • Instagram Black Round
bottom of page