Os papeis do Sr. Alfonso Zarauza, este sábado na Zona C [SCQ].
- rockcompostelan
- 30 may
- 1 Min. de lectura

Este sábado 31 de maio ás 12h00, na Zona C, o director Alfonso Zarauza e o actor Adrián Ríos dan lectura a poemas e textos inéditos do cineasta na sesión Os papeis do Sr. Zarauza.
A actividade prográmase no marco das actividades complementarias á mostra Nunca deixará de chover no meu cinema. 30 anos de filmes de Alfonso Zarauza, unha homenaxe á traxectoria deste guionista, director e produtor galego. O acceso é libre até completar capacidade.