top of page

Los Pretty publican o seu 1° Traballo Discográfico.

  • rockcompostelan
  • 30 abr
  • 1 Min. de lectura

Javi Bermejo (guitarra eléctrica e voz), Carlos Pedrosa (batería) e Pilo Sierra (guitarra acústica e voz), publican o seu primeiro traballo discográfico.


Comezaron coma dúo (Javi e Carlos), pero logo incorporouse á banda, Pilo.


Despois de centos de concertos pola cidade do Apóstolo e resto de Galicia, agora publican por fin o seu primeiro traballo discográfico. Tres temas de colleita propia, que podes escoitar dende esta semana no Bandcamp de Rock Compostelán, gravados, mesturados e masterizados por Jacobo Iglesias, o 15 de abril de 2025 nos "Estudios Potemkin" de Santiago de Compostela.

Se che mola o Power-Pop, Los Pretty son a túa banda.


Se queres contratalos para tocar no teu local, non dubides en poñerte en contacto comigo e pásoche directamente con eles.


Los Pretty están que funden os plomos!

 
 

© 2015 Rock Compostelán.

  • Youtube
  • Apple Music
  • b-facebook
  • X
  • Instagram Black Round
bottom of page