top of page

El Último Vicio. Revolta no Jaliñeiro!

El Último Vicio


Onde vai Julio César? Como os Playmother & Fuckerback! Pero aínda que o Imperio Romano xa caeu, como caeu Ceaușescu, estes aínda se manteñen moi ben en pé! En pé de guerra! E non precisamente o da ‘pulpería’, aínda que un bo polvo tamén lle botarán de vez en cando. Digo eu! Si señor! O Sr. Curro, soubo con creces levantar un Gran Imperio e conseguir reunir un Gran Exército. Menudo Currele! Quen lle dera aos romanos! Estes si que seguen mantendo ben alto o Imperio do Rock And Roll!


Pero case prefiro falar de Galos, de 4 Galos concretamente. Nin Astérix, nin Obélix! 4 Galos facendo R&R. Curro Marcos (Velcro, Noe Black & The Bang Band), voz e guitarra; Jacobo Prieto (Miskatones, Degüello, Dr. Gringo), baixo; Fidel Vazquez (Barbitúricos, Colt 45, Chévere), guitarra; e Pesadilla Martínez (Rock-A-Hulas, The Phantom Keys, The Nuggets, Tonhito de Poi, Dr. Gringo), batería. Eu penso que estes 4 Galos deberon caer na poción máxica de Panoramix. Aínda que coma bos druídas, nunca desvelan os ingredientes da súa poción. Iso si! Van disparando Rock porción a porción a toda proporción, entre toda a poboación!


Fidel é o galo máis grande do curral e entra no local de ensaio de puro milagre. De feito, a cabeza sáelle para fora do tellado e é o encargado de facer Kikirikí ao principio de cada tema, igual que os Ramones cando dicían: One, Two, Three, Four!

El Último Vicio con Zapa


Antes del estivo Zapa, pero non lle chegaba ó tellado, el máis ben repartía zapatilla. Seguen usando 4G, ao galiñeiro aínda non chegou o 5G, aínda que si teñen PuntoG. Se tivesen sitio web debería ser .gal, pero non de Galiza, senón de Galiñeiro.


Como me dicía o meu amigo Caneda: “Eu vicios tívenos todos!”. Adquirir vicios é moi doado, o carallo é logo deixalos! E eles o único que son incapaces de deixar é o Rock & Roll.


Xa levan máis de 2 anos dando guerra. Actuaron en A Reixa, no Festival Feito A Man, en Potemkin, … E teñen varios sinxelos gravados e pendurados nas plataformas dixitais habituais. Os dous últimos “Ya ves” e “Miénteme”, gravados e producidos por Edu Vidal nos Estudios Garaxeland (Santiago de Compostela) e masterizados por Saúl Patiño (Loquillo, Burning, Siniestro Total…). Tamén podedes localizados nas redes sociais.

«Ya ves» premendo na portada.

«Miénteme» premendo na portada.


Pero se queredes desfrutalos en vivo e en directo, teñen dous bolos xa confirmados para os próximos días: o venres 13 decembro visitarán de novo os Estudios Potemkin (Polígono do Tambre) e o xoves 23 de xaneiro do 2025, aterrarán na Casa das Crechas (Zona Vella), ámbolos dous en Compostela. Así que, boa ocasión para escoitalos ao vivo e verlles os caretos.

El Último Vicio


Estes días andan preparando novo repertorio e proximamente prometen gravar novos temas con Xurxo Pinheiro e tamén facer videoclips.


Como diría Pedro, a modo no bar: “Fidel, Pesadilla, Curro, Jacobo y otras chicas del montón, molan mogollón”.


Comments


bottom of page