top of page

Rock Compostelán estrea Bandcamp!

Preséntovos a 1ª referencia de Rock Compostelán. Un recopilatorio que inclúe a 10 das miñas bandas compostelás favoritas, ademais do seu correspondente Bonus Track.


Once cortes inéditos, que seguramente fagan as delicias de moitos de vós.

Nunca viron a luz en formato dixital. Son temas extraídos de maketas en formato K7, que no seu momento programei nos meus espazos musicais radiofónicos.


Laborioso traballo de dixitalización, que teño que agradecerlle a ODDI, xa que sen a súa desinteresada colaboración, isto non sería posible. Mil Gracias Master!


Agardo que o gocedes tanto como eu.

En breve publicarei novas referencias, así que, se gustades deste Volume Zero, permanecede atentos, que haberá máis...


Sen máis dilatación, déixovos escoitar este:




bottom of page