REDES SOCIAIS:

  • Facebook Clean Grey
  • Twitter Clean Grey
  • Instagram Clean Grey

ENTRADAS RECENTES: 

ETIQUETAS: 

AUTOR

César Varela 

 

Santiago de Compostela, 1974. Locutor de Radio, Crítico Musical e Dj.

 

Director, guionista e locutor de "A Parte de Atrásh" e "Plástico Elástico" (Radio Medellín Santiago), "Diario Pop", "País Bocazas" e "Plástico Elástico" (Radio Kalimero Compostela), "La Radio Solidaria" (Radio Voz Compostela) e "Plástico Elástico" (A Kalimera, Radio Pai, Cuac F.M., Radio Filispim, Radio Roncudo, Radio Neria, Radio Piratona e Radio Ordes).

 

Colaborou no "Diario Pop" de Radio 3 con Jesús Ordovás, en Radio Obradoiro con Belén Brandido e en "Estudio 3" da Radio Galega con Xavier Valiño.

 

Foi redactor en Ruta 66, Harlem, Spiral, Subterfuge, Las Flores del Vertedero, Oíches, Residuos, Roca, Bambán e Mondo Sonoro.

 

Editou o seu propio fanzine "Plástico Elástico", especializado en bandas de Santiago de Compostela.

 

César, foi quen trouxo a Compostela o fanzine "Subterfuge" xunto coas primeiras referencias de Subterfuge Records, o "Harlem" e a revista "Mondo Sonoro".

 

É vocalista do grupo "Playmother & Fuckerback" xunto a Xulio Boquete (ex-baixista de Túzaros).

 

Baixo o nome de "Dj Próstata" ou "Plástico Elástico Dj", seguro que máis dunha vez che fixo mover as cadeiras no Topolino, Cuncas Blues, Factoría, A velas vir, A Calexa, Cachán Clube, Embora, Sala Moon, A Reixa, Modus Vivendi, Fraggle Rock, Discoteca Sarela, Festival Brincadeira ou no Mercromina Rock Bar, onde foi Dj Residente durante 3 anos e medio.

 

Actualmente traballa na elaboración do libro "Historia do Rock Compostelán (1974-2016)" e de cando en vez, cociña exquisitos pratos de Rock And Roll no "Resas Restaurante", no "Malas Pécoras" e no "Fraggle Rock", en Compostela, baixo o nome de "Dj Nervio Faraón".

 

Moi pronto, estará de volta nas Ondas Hertzianas.

© 2015 Rock Compostelán.

  • b-facebook
  • Twitter Round
  • Instagram Black Round
This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now