Exposición "Sobras de Arte" de Javi Bermejo en "A Tasquiña" de San Pedro [SCQ].
- rockcompostelan
- 27 mar
- 1 Min. de lectura

O músico e luthier compostelán Javi Bermejo, máis coñecido coma Javi Pretty é o autor desta exposición que se esconde tras o nome de Sobras de Arte. Podedes visitala en A Tasquiña (Cruz de San Pedro, 2 - Santiago de Compostela).
Javi Bermejo é un Artista inquedo que nunca viviu da sopa boba. Personaxe que non pasa desapercibido. Icono fundamental da escena underground compostelá.
Javi formou parte de bandas clásicas da nosa cidade coma Stay Pretty ou Velcro, foi músico de Noe Black, e agora mesmo mantén a súa faceta en formato trío coma Los Pretty, pero de cando en vez tamén ataca con outras formacións coma Jiñasas, Space Flipper ou Last Dance.
Non te perdas a súa Exposición!