ETIQUETAS: 

ENTRADAS RECENTES: 

REDES SOCIAIS:

  • Facebook Clean Grey
  • Twitter Clean Grey
  • Instagram Clean Grey

Fran Pérez "Narf", cada vez que a lúa ri a túa imaxe volta a min.

Hai hoxe un mes recibiamos a triste e dolorosa noticia de que a SuperLúa quixo levarse con ela ao noso Gran Amigo Fran Pérez NARF. Aló estás Irmao, brillando coma unha Gran Estrela e Brillante Persoa que sempre nos demostraches ser. Bonitos e intensos momentos vivimos ao teu lado, que agora lembramos con Especial Cariño e Amor. Fran, aínda que non te poidamos ver alá onde esteas, aquí no Planeta Terra sentímoste Moi Cerca de Nós, tan tan cerca, que te levamos no Noso Corazón. Marcáchesnos Moi Fondo Franciño. Regaláchesnos un dos Mellores Momentos da Nosa Vida e ti ben o sabes. Estamos viúvos de ti pero seguiremos adiante coa forza que nos transmites, xa que queda moito por facer… Querémoste un Mundo. Algún día os Tres seremos Un. Estes días ando pendurando de novo na rede os Podcast de Plástico Elástico que no seu momento caeron. Hoxe cheguei ata o programa no que tivemos a Fran de convidado e ocorréuseme deixarvos o audio por se vos apetece escoitalo. Falamos de Aló Irmao, Narf, Nicho Varullo, Os Quinindiolas, A Psicofónica de Conxo, O Laberinto dos Soños... Agora que o estou escoitando non podo evitar que as bagoas caian sobre min unha vez máis. Choro de tristura, de emoción, de Amor Verdadeiro. Que lindo é chorar por alguén que sempre sentirás ao teu lado. Que teñades un bo día compañeiros...

Se vos apetece, podedes escoitar o programa no Ivoox premendo AQUÍ.