Estes días, dándolle duro ao libro, atopeime con estas Mini-Reseñas que escribía nos 90 na sección Mondo Bongo Galicia da revista Ruta 66 - Tiempos de Rock & Roll. Bandas compostelanas coma Clan Moriarty, Los Miserables ou The Red Blues Band (logo Los Reyes del K.O.) saían por primeira vez na prensa musical especializada, grazas ás miñas reseñas e artigos en coñecidas revistas e fanzines da época. Con 19 anos xa estaba feito un currante do underground.
