ETIQUETAS: 

ENTRADAS RECENTES: 

REDES SOCIAIS:

  • Facebook Clean Grey
  • Twitter Clean Grey
  • Instagram Clean Grey

Escribindo grandes momentos da "Historia do Rock Compostelán", mentres "Nicho Varullo


Esta noite chuviosa, fría e escura que queda agora mesmo en Compostela, é ideal para inspirarme e seguir escribindo grandes momentos da "Historia do Rock Compostelán", mentres no meu tocadiscos soa este traballo dos "Nicho Varullo". Foi o primeiro vinilo de Rock Compostelán que chegou ás miñas mans. Era o ano 1991, tiña eu exactamente 17 anos e pinchaba por primeira vez este pedazo disco no meu primeiro programa de radio "A Parte de Atrásh" en Radio Medellín. Se 24 anos máis tarde é un dos discos que segue soando nas miñas sesións de Dj, algo terá.